Saltar al contenido

PLAN DIXITAL

Ao longo do curso 2021-2022, elaboramos o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, e que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva.

Para o deseño e elaboración do Plan Dixital:

  1. Realizouse a análise e diagnose da situación do centro de SELFIE ferramenta de autoavaliación) coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022.
  2. Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD) permitiunos obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial.
  3. Realizouse a diagnose de situación do centro. A partir do Informe SELFIE, o centro obtivo  un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permitiunos  a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. O Informe Individual do test CDD permitiunos  ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente.
  4. Plan Dixital realizouse en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura ofrecida pola Consellería

A partir do curso 2022-2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

PLAN DIXITAL

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *